A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á clausura dos Mundiais de Loitas Olímpicas

08/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de asistir á cerimonia de entrega de medallas das finais de Libre Olímpica e á clausura dos Mundiais de Loitas Olímpicas. Un campionato deportivo que converteu á cidade de Pontevedra na capital mundial da loita, no primeiro gran evento desta disciplina deportiva tralos Xogos de París.

Sánchez remarcou o firme compromiso da Deputación de Pontevedra con eventos deportivos con proxección mediática nacional e internacional e destacou a vontade do Goberno provincial de converter a provincia no gran “estadio deportivo do mundo”. Neste eido destacou a mobilización de ata 1.500 persoas de preto de 90 países do mundo que participaron nos Mundiais de Loitas Olímpicas así como a súa repercusión a nivel internacional.
 

Galerias de imaxes