Luisa Sánchez asiste á clausura do III Foro Empresa Sostible da Confederación Empresarial de Pontevedra
14/11/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no Pazo de Cea de Nigrán á clausura do III Foro Sostenibilidade da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP). Celebrado no marco do Día Mundial do Transporte Sostible, o foro centrouse na Estratexia Galega de Mobilidade e destacou os esforzos da Xunta de Galicia para crear un sistema de transporte máis eficiente e sostible. No encontro déronse cita diferentes responsables do goberno central, do IGAPE e persoas directivas de diferentes empresas galegas e lusas. Ademais, rendeuse homenaxe ás empresas de Galicia líderes no ámbito da sostibilidade.