A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste en Vigo á cerimonia oficial de saída da 57ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas
04/07/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde na cerimonia oficial de saída da 57ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas. A concentración tivo lugar na céntrica rúa Policarpo Sanz de Vigo, onde desfilaron todos os pilotos participantes na proba que conta co apoio da institución provincial. Este punto da cidade alberga o parque pechado do rallye e nel tamén se celebrará o sábado a cerimonia de entrega de trofeos.