A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez felicita a Juan Ferrón polo seu diploma paralímpico

06/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na recepción en Mos a Juan Ferrón polo seu diploma paralímpico acadado nos Xogos de París. Sánchez trasladou ao nadador as felicitacións do presidente da Deputación, Luis López, e de todo o equipo de goberno, polo seu “grandísimo mérito”. “Sentímonos moi orgullosos desa sétima praza que tes conseguido e, ademais, non podemos esquecer que foi o teu debut, polo que o mérito é aínda maior”, asegurou a vicepresidenta ao tempo que lle aconsellou “recargar pilas e coller forza para afrontar estes catro anos que tes por diante, para que en 2028 nos volvamos a ver aquí para celebrar a túa medalla nos Xogos de Los Ángeles”.

Galerias de imaxes