A deputada provincial Isabel Couselo reúnese co alcalde de Bueu para afondar en proxectos en infraestruturas provinciais pola vila que se remontan a 2018

18/03/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Bueu, Félix Juncal, para afondar en proxectos en infraestruturas provinciais ao seu paso polo concello que se remontan a 2018. En concreto, trátase da recuperación do espazo público e mellora da mobilidade peonil na EP-1302 entre Beluso e Cabo Udra e da mellora da seguranza viaria na EP-1306 entre Portela e Ermelo, nun treito de 1,1 quilómetros.

Ambos os dous proxectos iniciáronse en 2018 e, desde entón, sufriron varias modificacións e informes desfavorables que impediron a súa materialización. Deste xeito, a deputada provincial amosou a vontade de analizar as alternativas para arranxar as deficiencias dos proxectos e “escoitar as demandas do alcalde para traballar coa man tendida co Concello de Bueu na mellora das infraestruturas provinciais que atravesan o termo municipal”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.