A Deputación suma forzas cos alcaldes da provincia para poñer en valor e promocionar a Vía Mariana

A deputada de Turismo, Nava Castro, anunciou a intención de presentar este camiño, que atravesa 13 concellos da provincia e que vai de Braga a Muxía, en FITUR 2025

10/06/2024

nava Castro con alcaldes da provincia na promoción da vía Mariana

A deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, mantivo hoxe no Palacete das Mendoza unha xuntanza con alcaldes e concelleiros dos municipios da provincia polos que descorre a Vía Mariana, unha ruta de preto de 400 quilómetros que une os santuarios de devoción mariana desde Braga (Portugal) ata Muxía. Na xuntanza, unha primeira “toma de contacto” para buscar vías de colaboración para impulsar este percorrido na que tamén participou o alcalde de Cerdedo-Cotobade e deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela, así como membros da Asociación Vía Mariana Luso-Galaica, Nava Castro comprometeuse a presentar este camiño en FITUR 2025: “Sabemos que hai moito traballo por diante, pero desde Turismo Rías Baixas imos poñer todas as ferramentas posibles para que isto siga promocionándose e cheguemos a máis xente”.

“Traballar unidos, da man cos concellos, sumando sinerxías, é sempre garantía de éxito,”, asegurou Nava Castro, ao tempo que animou á Asociación Vía Mariana Luso-Galaica a constituírse como asociación sen fins de lucro para poder solicitar as subvencións para actividades de carácter turístico para o ano 2024, que se aprobarán proximamente, “para axudar a que a correcta sinalización desta ruta sexa unha realidade en todos os concellos da provincia pola que pasa” .  Neste eido a deputada provincial remarcou o interese desta ruta, “que mostra o patrimonio histórico, natural e paisaxístico da provincia e contribúea a diversificar a oferta turística de Pontevedra”, e transmitiu a vontade da Deputación, “tanto desde o servizo de Turismo como o de Cultura, de seguir traballando nun produto turístico e cultural como é este”.

En Pontevedra, a Vía Marina pasa polos concellos da Cañiza, A Lama, Arbo, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo,