#TRANSPARENCIA
Rexistro de intereses e Libro de rexistro de bens patrimoniais
-
Rexistro de intereses e Libro de rexistro de bens patrimoniais
O Rexistro de intereses é o lugar onde se inscriben as declaracións efectuadas polos suxeitos establecidos por lei que teñen a obriga de facelo de forma anual, tanto sobre as súas actividades económicas e posibles causas de incompatibilidade coma sobre a súa situación patrimonial.
De conformidade co disposto no artigo 75.7 e na Disposición adicional décimo quinta da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, así como no artigo 8.2 do Regulamento orgánico provincial, procédese á publicación das declaracións de intereses e das súas modificacións formuladas polas deputadas e deputados.
Tales declaracións deben levarse a cabo antes da toma de posesión, con ocasión do cesamento e ao final do mandato, así como cando se modifiquen as circunstancias de feito. As declaracións anuais de bens e actividades deberán ser publicadas con carácter anual e, en todo caso, no momento da finalización do mandato.
Este rexistro ten carácter público de conformidade co interese xeral preponderante segundo o disposto no artigo 8. h) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no anexo I da Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.
En todo caso, omitiranse os datos relativos á localización concreta dos bens inmobles e garantirase a privacidade e seguridade dos seus titulares, así como o anonimato dos números dos seus documentos de identidade, segundo o previsto pola normativa en materia de protección de datos persoais.
Declaracións con obrigación anual de publicación. As declaracións que faltan débense á exclusiva responsabilidade da persoa deputada.