#TRANSPARENCIA

O Pleno

O Pleno é o máximo órgano de goberno e ten entre as súas competencias aprobar as actuacións e as políticas institucionais da Deputación.


Está composto por 27 deputadas e deputados, representantes de todo o territorio, e presidido pola presidenta do organismo provincial.

Entre as súas funcións principais destacan

  • A organización da Deputación
  • A aprobación e modificación dos orzamentos
  • A aprobación dos plans de carácter provincial
  • A adquisición e alleamento de bens

O Pleno para o mandato 2023-2027 constituíuse na sesión do 6 de xullo de 2023.

As sesións ordinarias do Pleno terán lugar o último venres de cada mes, ás 12 horas. Se a data prevista coincide cun día festivo será a Xunta de Voceiros a que estableza o día de realización.