#TRANSPARENCIA

Información en materia de persoal

Dáselle publicidade á información relativa ao persoal da Deputación de Pontevedra. Publícase a relación de postos de traballo (RPT), aspectos económicos coma as retribucións dos membros da Corporación, os gastos de desprazamento orixinados pola súa actividade pública, as indemnizacións por razóns de servizo, a composición dos órganos de representación do persoal na Deputación, e tamén a normativa que rexe as condicións de traballo, os dereitos e as obrigas do persoal traballador. Así mesmo, dáselle publicidade aos procesos de provisión de postos de traballo.


Respóndese e dáselles cumprimento ás obrigas recollidas na normativa básica en materia de transparencia, incorporando tamén as incluídas na Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.