#HERÁLDICA
Heráldica municipal
da provincia de Pontevedra
Amosamos unha recompilación dos diferentes símbolos oficiais das entidades locais da provincia, verdadeiro sinal de identidade para perpetuar e divulgar as peculiaridades históricas e xeográficas das corporacións locais e doutras entidades públicas.
Encontramos as imaxes do escudo heráldico da institución e, no seu caso, da súa bandeira oficial, xunto coa descrición da súa composición e da referencia legal da súa aprobación oficial.
Deputación de Pontevedra
Escudo
En campo de prata, ponte de tres arcos con tallamares, sobre ondas de azur e prata, surmontado de cruceiro sobre chanzo, con dúas torres ameadas a un lado, e unha, ameada e mazonada, ao outro, todo isto na súa cor. Ao timbre, coroa real pechada. Todo isto adornado con lambrequíns.
Non adaptado ao Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ao Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.
Bandeira
Tallada ou partida en banda, de cor branca a parte superior e azul a inferior. O conxunto irá bordurado en ouro con floco e no centro, ao corazón, levará bordado o escudo da provincia rodeado da lenda: “Excma. Diputación Provincial de Pontevedra”. A hasta remata nun pasador dourado do que arranca unha dobre folla de lanza. Descrita no artigo 28 do Regulamento de honras e distincións da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado polo Ministerio da Gobernación o 9 de outubro de 1973.
Non adaptado ao Decreto 258/1992, do 10 de setembro, e ao Decreto 369/1998 polo que se regulan o procedemento e normas heráldicas para a aprobación, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais e a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.
Municipios
- Agolada
- Arbo
- Baiona
- Barro
- Bueu
- Caldas de Reis
- Cambados
- Campo Lameiro
- Cangas
- Cañiza, A
- Catoira
- Cerdedo-Cotobade
- Covelo
- Crecente
- Cuntis
- Dozón
- Estrada, A
- Forcarei
- Fornelos de Montes
- Gondomar
- Grove, O
- Guarda, A
- Illa de Arousa, A
- Lalín
- Lama, A
- Marín
- Meaño
- Meis
- Moaña
- Mondariz
- Mondariz-Balneario
- Moraña
- Mos
- Neves (As)
- Nigrán
- Oia
- Pazos de Borbén
- Poio
- Ponte Caldelas
- Ponteareas
- Pontecesures
- Pontevedra
- Porriño, O
- Portas
- Redondela
- Ribadumia
- Rodeiro
- Rosal, O
- Salceda de Caselas
- Salvaterra de Miño
- Sanxenxo
- Silleda
- Soutomaior
- Tomiño
- Tui
- Valga
- Vigo
- Vila de Cruces
- Vilaboa
- Vilagarcía de Arousa
- Vilanova de Arousa
Entidades Locais Menores
- Arcos da Condesa
- Bembrive
- Chenlo
- Pazos de Reis
- Vilasobroso
MUNICIPIO DE AGOLADA
Escudo
En campo de ouro, unha balanza da xustiza, de prata, e un carballo de sinople, atravesado por unha espada, de prata. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE ARBO
Escudo
De azur (azul), e sobre ondas de azur e prata, unha ponte de prata, cun só ollo, sumado de dúas chaves do mesmo, postas en aspa e franqueadas de dous acios de uvas de ouro (amarelo); bordura de ouro, con dúas lampreas da súa cor. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DE BAIONA
Escudo
Cuarteado en cruz. Nos cuarteis primeiro e cuarto un boi de ouro, coas defensas en prata e o campo de sinople; nos cuarteis segundo e terceiro, en campo de prata, unha galera de tres.
Bandeira
Catro triángulos; en vermello á dereita e á esquerda, e azul arriba e abaixo.
Non se coñece expediente de aprobación. Aparece en documentos de 1591.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE BARRO
Escudo
Escudo tronzado: 1.º: en campo de prata un monte de sinople sumado dun sol saínte do monte e un muro ameado de prata. 2.º: en campo de prata, movente da destra, unha fervenza de azur, superada por dúas gaivotas de prata; e movente pola sinistra, ata a fervenza, un barranco de sinople cargado con dúas gaivotas voando; campo de azur. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE CALDAS DE REIS
Escudo
Con coroa de ouro. Ao timbre e rodeado dunha cadea do mesmo metal, da que pende o vélaro de ouro.
Distribúese en catro cuarteis; o primeiro, en campo de goles, un rei (Afonso VII) sobre unha pena, coa espada núa e armadura de prata; o segundo, en campo de azur, un castelo, en cor pedra, con tres frechas entrecruzadas encima; o terceiro, en campo de azur, representa os mananciais de augas minerais, en cor pedra, e, sobre eles, as letras A. Q. C. C. (augas cálidas); o cuarto, en campo de azur, dúas pontes, en cor pedra, de tres e cinco arcos, con cadansúa cruz no medio.
Non se coñece expediente de aprobación.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE CAMBADOS
Escudo
En campo de azur, un cáliz de ouro, surmontado dunha forma sagrada de prata, e orlado nos flancos e na punta cun cordón de prata, acabados os seus extremos en forma de lazo; todo isto surmontado da coroa do rei Witiza, de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE CAMPO LAMEIRO
Escudo
En campo de sinople, dúas montañas, de ouro, en pico a da destra e cortada a outra, sumada esta de ermida, de prata. Ao timbre, coroa real pechada.
Expediente de aprobada diante do Ministerio da Gobernación, con ditame de 23 de abril de 1975.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE CANGAS
Escudo
En campo de azur unha cruz de Santiago de goles en barra, un bastón de peregrino da súa cor en banda, acompañados en xefe dun sol figurado de ouro, dunha ventá de prata en cada flanco, e dunha pedra de prata superada pola roda de santa Catalina de sabre. Adornos exteriores: rodeado de lambrequíns. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DA CAÑIZA
Escudo
De prata, un carballo sobre terreiro de sinople, follado e froitado de nove landras de goles; bordura axadrezada de goles e prata.
Decreto 110/2007, do 24 de maio, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
Bandeira
Pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.
Decreto 111/2007, do 24 de maio, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
MUNICIPIO DE CATOIRA
Escudo
En campo de goles dúas torres mazonadas de sabre e aclaradas de azur sobre ondas de prata e azur. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 52/2009, do 26 de febreiro aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
Bandeira
En pano vermello: no terzo da hasta, unha roda de branco cargada cunha cruz de branco cos cantóns desta de vermello; no terzo do batente, dúas torres de amarelo mazonadas de negro e aclaradas de azul; e no terzo vertical do centro, sete franxas verticais ondadas de branco e azul.
Decreto 53/2009, do 26 de febreiro aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
Aprobada polo Pleno municipal de 2 de setembro de 2008
MUNICIPIO DE COTOBADE
MUNICIPIO DE CERDEDO-COTOBADE
Escudo de Cerdedo
De azur (azul), o agnus dei de prata (branco) e posto sobre o Libro dos sete selos. Ao timbre, coroa real pechada.
Escudo de Cotobade
De ouro (amarelo), o canón da súa cor, reforzado de prata (branco) e surmontado da cifra 1809 de sabre (negro); bordura de goles (vermello) con trece torres de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DO COVELO
Escudo
En campo de azur, a edícula de prata, terrazada de sinople superada de estrela, de prata, con cinco raios. Ao timbre, coroa real pechada.
Aprobado polo Decreto 1.072/76 do Ministerio da Gobernación, de 9 de abril de 1976.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE CUNTIS
Escudo
De azur (azul) e sobre ondas de prata (branco), unha ponte de ouro (amarelo) surmontada dunha torre e dunha estrela tamén de ouro e, nos flancos, de dúas serpes do mesmo, linguadas de goles (vermello) e enfrontadas. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 81/2008, do 10 de abril aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
Bandeira
Sobre pano de azur, a torre e estrela de amarelo, flanqueadas das serpes enfrontadas do mesmo e linguadas de vermello.
Decreto 80/2008, do 10 de abril aprobado polo Consello da Xunta de Galicia
MUNICIPIO DA ESTRADA
Escudo
De sinople (verde) e sobre onda de prata (branco), unha ponte de cinco ollos de ouro (amarelo), surmontada dunha torre, oca e tamén de ouro, e nos francos dúas vieiras de prata, surmontadas, pola súa vez, da súa respectiva estrela de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DE FORCAREI
Escudo
En campo de azur, unha montaña de ouro de tres cumes, en terraza de sinople con dúas faixas ondadas de prata; superada de dúas espigas de centeo de ouro en aspa e unha roca alta de prata no centro, acompañadas dun fuso alto a cada lado; bordura de sinople cargada de trece abellas de ouro; ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 170/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008)
Bandeira
Decreto 169/2008, do 17 de xullo DOG núm. 159 (19 de agosto de 2008). Pano con tres franxas horizontais de branco, verde e branco, coa a verde do dobre de tamaño con trece círculos de amarelo postos, un no centro e doce nos vértices de dous imaxinarios hexágonos concéntricos. As franxas brancas, pola súa vez, con sendas franxas horizontais de azul.
MUNICIPIO DE FORNELOS DE MONTES
Escudo
Ponte de ouro de tres arcos ameada, mazonada e terrazado de azur; no xefe, de goles dous paus de prata e, sobre o todo, unha grella e unha pluma de ouro en aspa. Bordura de prata con lenda de sabre “Concello de Fornelos de Montes”. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
MUNICIPIO DE GONDOMAR
Escudo
De azul (azur) o canón de ouro (amarelo), co carro e rodas de prata, surmontado por dous sabres de cabalería de prata (branco), gornecido de ouro e disposto en aspa. Ao timbre, coroa real pechada.
Bandeira
O pano azul e o canón amarelo, coa súa coroa e as rodas brancas, e enriba dous sabres de cabalería brancos, gornecidos de amarelo e dispostos en aspa. Terzada de vermello, na hasta, cos trece besantes amarelos (Sarmiento), e de amarelo, no batente, coas cuñas azuis (Acuña).
Decreto 34/2023, de 5 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Gondomar (Pontevedra)
MUNICIPIO DO GROVE
Escudo
Sobre cartela, escudo cortado: 1.º: de destra a sinistra, en campo de azur unha casa, unha árbore, unha montaña de dous cumes sumada doutra árbore. 2.º: en campo de azur, o porto marítimo mazonado movente da destra sumado de dous farois de prata e unha gamela de ouro coa vela despregada de prata sobre ondas. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DA GUARDA
Escudo
En campo de azur, movente do flanco destro unha fortaleza da súa cor, mazonada, sobre rochas e con escaleira de acceso, aclarada de prata e sumada de bandeira de goles cargada cunha cruz de prata; sinistrado todo dun bergantín de sabre de tres paus, sobre sinople, superado por dúas gaivotas de sabre. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DA ILLA DE AROUSA
Escudo
En campo de sinople fileteado de prata, unha ponte moderna de ouro sobre ondas de azur e prata, sumada dun faro de ouro con catro faces de luz saíntes da lanterna, dous en cada lado; bordura de azur cargado de trece vieiras de prata. Ao timbre, a coroa real pechada.
MUNICIPIO DE LALÍN
Escudo
Cortado primeiro, de sinople, a banda de ouro engolada en cabezas de dragón do mesmo metal (Andrade). Segundo, de prata, árbore de carballo de sinople, terrazado do mesmo. Ao timbre, levará unha coroa condal, polos de Andrade e de Vilalba, títulos que incorporados á Ducal Casa de Alba son outro prestixio desta.
Aprobado polo Consello de Ministros o 20 de maio de 1978, a proposta do Ministerio da Gobernación e de conformidade cos ditames favorables.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DA LAMA
Escudo
En campo de azur un león ao natural gabeando sobre un cinxidor de ouro en banda. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE MARÍN
Escudo
Partido. Primeiro: de ouro (amarelo), piñeiro arrincado da súa cor con dous osos do mesmo deitados ao tronco; segundo: de goles (vermello), ponte defendida de ouro; entado en punta de azur (azul), coa áncora de ouro. Bordura xeral de azur coa lenda “In mare fortuna nostra” en letras de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.
Bandeira
Rectangular, con dúas franxas de cor azul celeste onduladas e paralelas na súa parte central de 1/3 do ancho, deixando á vista dous cúspides e tres concavidades na súa parte superior e tres cúspides e dúas concavidades na inferior. Rectangular con dúas franxas de cor azul celeste onduladas e paralelas. Superposto levará o escudo da vila colocado a un terzo da súa lonxitude, partindo da hasta, ocupando a franxa branca ondulada de arriba abaixo.
Decreto 108/1986, do 20 de marzo.
MUNICIPIO DE MEAÑO
Escudo
De prata (branco), un piñeiro ao natural, flanqueado de dous acios de uvas de sinople (verde) e, na punta, dúas ondas de azur (azul). Ao timbre, a coroa real.
MUNICIPIO DE MEIS
Escudo
Terzado, primeiro, de azul, estrela de seis puntas de prata; segundo, de púrpura, mitra abacial de ouro, terceiro, de goles, mundo de ouro, centrado de prata. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 1274/1976 de 7 de maio
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE MOAÑA
Escudo
Sobre cartela de goles, escudo partido: 1.º: en campo de azur un bergantín de tres paus sobre ondas de azur. 2.º: en campo de prata unha ponte do mesmo sobre ondas, mazonada, de tres ollos e derrubada no centro. Todo orlado de motivos vexetais. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE MONDARIZ
Escudo
De prata (branco), catro faixas ondadas de azur (azul) e brochante sobre o todo unha copa de ouro (amarelo) coa serpe enroscada de sinople (verde) e linguada de goles (vermello). Ao timbre, coroa real pechada.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE MORAÑA
Escudo
En campo de azur un monólito ou menhir de prata; terrazado de sinople sumado dun cinxidor de ouro perfilado de sabre. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE MOS
Escudo
Escudo partido; no primeiro cuartel, de ouro, unha rosa de goles, co seu talo e follas de sinople; o segundo cuartel, de prata, presenta tres faixas axadrezadas, de dúas ordes de goles, cargadas con cadanseu filete de sabre. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DAS NEVES
Escudo
En campo de azur, a capela de prata, coa súa espadana; bordura de goles, cargada de oito estrelas de seis puntas de prata. Ao timbre, coroa real aberta, e do lema “Muy leal”, conferido a esta vila por S. M. o rei Alfonso XIII, con data 22 de xuño de 1914.
Decreto do Ministerio da Gobernación, de 12 de xuño de 1959 (BOE núm. 150, do 24/06/59).
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE OIA
Escudo
Sobre cartela, escudo cuartelado: 1.ª: en campo de azur o brazo de san Bieito da súa cor, armado de goles e empuñando un báculo, acompañado de tres flores de lis de ouro. 2.º: Novo “A” de sabre en tres paus. 3.º: Unha póla de figueira con tres follas. 4.º: En campo de azur unha torre mazonada de ouro. Bordura de azur en lenda de prata “Ayuntamiento de Santa María de Oya”. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE POIO
Escudo
De ouro, a palma de sinople, terrazada da mesma cor, e cargando sobre ela o año místico, botado sobre o libro de goles, visto pola canle cos sete selos, de ouro, fileteados de sabre, colgantes con cadansúas cintas, de azur. O año, con estandarte de prata coa cruz latina, de sabre. Ao timbre, coroa real.
MUNICIPIO DE PONTEAREAS
Escudo
En campo de azur, a ponte de tres arcos, de ouro, sobre ondas de prata e azur, sumada, á destra, dunha capela de prata, e dun león, contornado en ouro, no seu centro. Ao timbre, coroa real, pechada.
Aprobado por Resolución do Ministerio de Interior de 27 de xaneiro de 1978.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
Bandeira
Tallada ou partida en banda, de cor branca a parte superior e azur a inferior. O conxunto irá bordado en ouro con floco e no centro levará o escudo do concello, rodeado da lenda “Ilmo. Concello de Ponteareas”.
Aprobada no Regulamento de honras e distincións do 6 de novembro de 1974.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE PONTEVEDRA
Escudo
De azur (azul) e sobre ondas de azur e prata (branco), unha ponte alombada de tres ollos, sumado á destra dunha porta defendida por dúas torres ameadas, á sinistra dunha muralla ameada, movinte do flanco e adestrada de torre-porta, tamén ameada, e no centro dunha cruz latina e piñonada, o todo de ouro (amarelo) e aclarado de goles (vermello). Ao timbre, coroa real.
MUNICIPIO DO PORRIÑO
Escudo
En campo de azur, unha ponte de tres ollos, mazonada de sabre, movente dun faixado-ondeado de prata e de azur, en punta, e sumado dunha igrexa, de prata, mazonada de sabre, movinte do flanco sinistro. Ao timbre, coroa real pechada.
Non se coñece expediente de aprobación.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE PORTAS
Escudo
En campo de azur, unha porta de muralla, defendida por dúas torres de prata; a bordura compóñena dezaseis pezas, oito de ouro e oito de goles, cargadas estas de tres faixas de prata. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 3.383/1975 de 5 de decembro do Ministerio da Gobernación. Pleno de 30 de decembro de 1976.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE REDONDELA
Escudo
De azur (azul), a letra R de ouro (amarelo), posta no centro, e acompañada de tres vieiras, tamén de ouro, dúas no xefe e unha na punta. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DE RODEIRO
Escudo
Escudo ovalado: en campo de azur, ponte de prata sobre ondas de sinople, mazonada, dun só ollo; sumado dun castelo de prata, mazonado e sinistrado dunha camba de ouro; orlado con lenda “Conc. D. Camba. Rodiro”. Ao timbre, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DO ROSAL
Escudo
En campo de sinople unha ponte de prata, mazonada de sabre, de tres arcos, sobre ondas de prata e azur, sumada dun cruceiro diminuído de prata surmontado dun acio de uvas de ouro flanqueado por dúas follas de vide do mesmo. Bordura de prata cargada de catro rosas ao natural. Ao timbre, coroa real pechada.
MUNICIPIO DE SALCEDA DE CASELAS
Escudo
De azur, a portada de prata, do pazo de Aballe, e no xefe, de sabre, o sol, radiante, sostido por dous querubíns, axeonllados, do mesmo metal. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto núm. 2562/1977 de 19 de setembro do Ministerio da Gobernación
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE SALVATERRA DE MIÑO
Escudo
En campo de azur; río de azur en pau movente da punta; en centro e en faixa unhas montañas ao natural; saínte do flanco destro, un forte de prata donxonado, mazonado, aclarado de sabre, coa bandeira de España asomando pola sinistra e terrazado; saínte de flanco sinistro, un centro urbano de prata amurallado, mazonado e terrazado. En el xefe, coroa real pechada.
Descrición facilitada pola Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE SANXENXO
MUNICIPIO DE SILLEDA
Escudo
En campo de sinople, un león de ouro, coroado da mesma cor e a orla do mesmo metal. Ao timbre, coroa real pechada.
Decreto 1695/1975, de 26 de xuño do Ministerio da Gobernación e no Regulamento de honras e distincións polo Pleno de 4 de febreiro de 2000.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
Bandeira
En fondo branco satinado, co escudo no centro, rodeado de trinta e tres estrelas en azur, distribuídas circularmente, formando nove tríades, coroadas de catro en liña e dúas centrais agrupadas.
Aprobada polo Pleno de 24 de novembro de 1990.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE VALGA
Escudo
De azur (azul) e sobre ondas de prata (branco) e azur, a ponte de ouro (amarelo), surmontada do año alterado de prata e de dúas cordas de ouro, cos seus extremos ou cabos soltos e dispostas nos flancos. Ao timbre, a coroa real pechada.
MUNICIPIO DE VIGO
Escudo
En campo azul claro, un castelo de base cadrada rematado nunha torre ameada, todo en ouro; na parte baixa unha porta con arco de medio punto, dúas fiestras cadrilongas no corpo medio e dúas troneiras, tamén cuadrilongas, na torreta. Cinxindo, en parte, o castelo, pola súa banda esquerda unha oliveira de sinople con tronco en marrón. Todo nun cotarelo en siena, sobre un mar de seis franxas ondeadas de azur mariño. A bordura en goles, separada por unha pequena cinta branca. Ao timbre, coroa real pechada.
Aprobado no Pleno de 7 de abril de 1987.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
Bandeira
A bandeira oficial consta de dúas cores, branca e vermella e van en forma de sautor. O branco aos laterais e o vermello enriba e abaixo.
Aprobado no Pleno de 7 de abril de 1987.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Escudo
Cortado e medio partido, en tres cuarteis; na parte superior, o primeiro, en campo de sinople, tres castros fortificados, da súa cor, bañados polo mar en azur e coroados cunha chave de ouro; na parte inferior, a dereita, o segundo, en campo de prata, unha trirremes con vela, da súa cor, de ouro; a esquerda unha espada de prata en campo de goles; un escusón, tamén de goles, cun piñeiro de sinople, gretado de ouro, con cinco lanzas a cada lado, as hastas de prata e os ferros de ouro. Ao timbre, coroa real pechada.
Aprobado por R. O. do Ministerio da Gobernación de 22 de abril de 1915.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
MUNICIPIO DE VILANOVA DE AROUSA
Escudo
En campo de ouro, torre campanario, cadrada, cruzada en banda por unha escalinata exterior, acabando con espadana xerminada, rematada por unha cruz, todo mazonado de sabre e unha campá tamén de sabre en cada oco. No flanco dereito arbusto con tres filas de follas a cada lado; no sinistro árbore follada, ambos do seu color, terrazados os tres motivos de herbas de sinople. Do canto destro á punta do escudo, banda de mar ondeada, de azur e argent. Ao timbre, coroa real pechada.
Aprobado polo Pleno de 23 de decembro de 1985.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.
BEMBRIVE
Escudo
De sinople (verde), unha machada de ouro (amarelo), disposta en banda e acompañada, no xefe, dunha rama de piñeiro e, na punta, dunha vieira, todo do mesmo. Ao timbre, coroa real pechada.
CHENLO
Escudo
En campo de sinople encaixado de prata cun dentado alto entre dous baixos; sobre o todo un piñeiro ao natural en terraza de prata, coa súa copa no encaixado, acompañado de dúas cabras de prata empinadas ao seu tronco. Bordura de azur cargada de oito bezantes de prata cargados dun punto de azur. Ao timbre, coroa real pechada.
VILASOBROSO
Escudo
Partido, formado por dous cuarteis; o da esquerda é un castelo de ouro de dúas torres, sobre campo de goles que representa ao castelo de Vilasobroso; o da dereita é unha sobreira en campo de azur; ao pé no interior do escudo, unha banda que vai de esquerda á dereita en ouro, coa alegoría en latín “Labor et gloria”. Na base exterior, o nome da localidade. Ao timbre, unha coroa mural.
Usado historicamente.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia
Bandeira
Rectangular, azul e vermella, xironada.
Non adaptado ao Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia