#TRANSPARENCIA

Económica, financeira e orzamentaria

A continuación recóllese información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica e orzamentaria na Deputación para cumprir a obriga de publicar a información recollida no artigo 8 da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no anexo I letra e) da Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.


Publícase unha gran variedade de datos con relevancia económica e orzamentaria, procurando que sexan accesibles e comprensibles para a cidadanía, de xeito que se convertan nun instrumento de grande utilidade para avaliar o uso que se fai dos recursos públicos. A través deste apartado danse a coñecer de xeito íntegro o Orzamento da Deputación e das entidades dependentes, a conta xeral, a evolución trimestral da débeda e o período medio de pagamento, ademais do plan económico-financeiro.