#TRANSPARENCIA

Contratación, convenios e subvencións

As administracións públicas, no desempeño das súas actividades e para prestarlle un servizo efectivo á cidadanía, precisan, en moitas ocasións, establecer relacións con outras entidades tanto públicas coma privadas.


No ordenamento xurídico prevense distintos instrumentos para regular estas relacións, aos que se lles dá publicidade neste apartado. É o caso dos contratos, convenios, encomendas de xestión, concesións administrativas e de servizos públicos establecidos con outras administracións públicas, organismos públicos e entidades de dereito público ou suxeitos de dereito privado para un fin común, mais as subvencións que se conceden a favor de persoas públicas ou privadas. Ademais faise público o perfil de contratación da Deputación e calquera información relevante en materia de contratación pública, como é o caso das licitacións, mesas de contratacións e estatísticas.