#TRANSPARENCIA

Comisións informativas

As comisións informativas teñen por obxecto estudar, informar ou consultar os asuntos que deben ser sometidos á consideración do Pleno.


Estarán integradas por 17 deputadas e deputados, que representan a todos os grupos políticos na seguinte proporción: 9 membros do Grupo Provincial do PP , 6 membros do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE  e 2 membros do Grupo Provincial do BNG.

As comisións informativas ordinarias teñen lugar os venres da semana anterior á do Pleno, a partir das 12:00 horas. Se a data prevista coincide cun día festivo será a Xunta de Voceiras e Voceiros a que estableza o día no que terán lugar.

Créanse, atendendo ás grandes áreas nas que se estruturan os servizos provinciais, ademais da Comisión Especial de Contas, de existencia preceptiva, as seguintes comisións informativas permanentes