A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á presentación do libro “4 Oubiña” sobre o excapitán celeste

13/06/2024

Presentación do libro 4 Oubiña

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde na Sede do Real Club Celta de Vigo á presentación do libro "4 Oubiña", a biografía do excapitán celeste Borja Oubiña escrita polo xornalista Iago Solleiro e publicada pola editorial Elvira. No acto, ademais do protagonista e o autor do libro, participaron o editor da Editorial Elvira, Xabier Romero, o xornalista Armando Álvarez e o conselleiro do R.C. Celta José Manuel Amoedo.