Rafa Domínguez participa na presentación do Descenso á Fracha promovido pola Peña Ciclista Moto Bike

13/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na Casa do Concello de Pontevedra no acto de presentación do Descenso á Fracha organizado pola Peña Ciclista Moto Bike. Domínguez subliñou a importancia desta proba ciclista que se desenvolve polo parque forestal de A Fracha e que concentrou o pasado ano a preto dun centenar de riders. Tamén puxo en valor a repercusión destes eventos para o desenvolvemento económico da provincia e recordou que “desde a Deputación de Pontevedra queremos converter a Pontevedra no gran estadio deportivo do mundo, atraendo probas de diferentes modalidades, como o ciclismo”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.