A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación da Global Solo Challenge 2027/2028

23/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na presentación da Global Solo Challenge 2027/2028, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o director da Axenda de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, o creador da proba, Marco Nannini, o comodoro do Real Club Náutico de Vigo, José Luis Ríos, e o seu presidente, José Antonio Portela.

A vicepresidenta provincial remarcou que se trata “dun desafío único xa que falamos de dar a volta ao mundo en solitario” e amosou o seu orgullo porque sexa Vigo a porta de saída da segunda edición do Global Solo Challenge: “Estou segura de que a cidade se vai implicar con este desafío, cos seus participantes e organizadores, porque se de algo podemos presumir en Vigo é de ser unha cidade acolledora”. Tamén amosou o compromiso da Deputación co deporte e coas grandes probas deportivas, “que teñen unha gran repercusión e son un gran revulsivo para o desenvolvemento económico do noso territorio”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.