Luis López asiste no Grove á apertura da sexta edición do Foro La Toja, inaugurado polo rei Felipe VI

03/10/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste no Grove á inauguración da sexta edición do Foro La Toja, que se celebra no Centro de Convencións do Eurostars Gran Hotel La Toja. Un foro que deu comezo co discurso inaugural de S.M. el Rey Felipe VI, quen tamén entregou un galardón a Josep Borrel, alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade; e que contou coa presenza de autoridades de ámbito nacional e autonómico, como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o ministro de Xustiza, Félix Bolaños; ou os expresidentes Mariano Rajoy e Felipe González.

A celebración durante seis anos do Foro La Toja, un evento de relevancia internacional que se celebra na provincia, conta coa máxima colaboración por parte da Deputación.

Galerias de imagenes