A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Pazos de Borbén para abordar aspectos técnicos relativos ao proxecto de ensanche e mellora da seguranza viaria na EP-2702 Amoedo-Os Valos

03/06/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, para abordar aspectos técnicos relativos ao proxecto de ensanche e mellora da seguranza viaria na EP-2702 Amoedo-Os Valos. A xuntanza, solicitada polo rexedor, enmárcase nos compromisos marcados na xuntanza mantida a pasada semana entre o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Pazos, na que o mandatario provincial trasladou ao dirixente local a urxencia de asinar o convenio de colaboración entre ambas administracións para executar a actuación.