A Deputación destina 90.000 euros a que 28 entidades sen ánimo de lucro poidan editar obras en galego

Recibirán achegas de entre 1.100 e 4.600 euros para editar publicacións, libros e audiovisuais que teñen a finalidade de difundir traballos de interese para a nosa cultura

05/07/2024

Luis López na conferencia  de prensa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra anunciou hoxe que a Xunta de Goberno aprobou o reparto de 90.000 euros entre 28 entidades da provincia para editar obras en galego que teñan como finalidade difundir traballos de interese para a nosa cultura, que teñan ademais interese social e cultural para a provincia e que redunden no conxunto da sociedade.

En total recibíronse 40 solicitudes, das que se aprobaron 28 pertencentes a entidades pertencen a 18 concellos diferentes da provincia (Agolada, Barro, Bueu, Cambados, A Estrada, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Nigrán, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Rosal, Vigo e Vilagarcía) e recibirán achegas de entre 1.100 e 4.640 euros.

Con estas achegas as entidades realizarán publicacións, libros e audiovisuais que terán como temas centrais o mundo marítimo, as festas populares da provincia, o patrimonio natural e cultural, xogos tradicionais, a música ou figuras como Lugrís, Raúl Alfonsín ou Xosé Velo Mosquera, entre outros.

 

 

audios