Luis López asiste á décima etapa de La Vuelta entre Ponteareas e Baiona, que converte á provincia no “epicentro mundial do ciclismo”

27/08/2024

Luis López asiste á décima etapa de La Vuelta

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este martes á décima etapa de La Vuelta ciclista a España, patrocinada pola institución provincial, entre Ponteareas e Baiona. O presidente, que estivo na saída do pelotón ciclista en Ponteareas, remarcou a importancia desta proba deportiva que converte á provincia “no epicentro mundial do ciclismo” e cuxa retransmisión internacional trátase dunha “das mellores campañas turísticas das Rías Baixas”.

A décima etapa de La Vuelta ciclista a España que a Deputación trouxo ata a provincia de Pontevedra trátase dunha proba de montaña de 160 quilómetros de percorrido entre Ponteareas e Baiona, atravesando os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra, Tui, Tomiño e Oia.

Galerias de imagenes