#ADEPUTACIÓNDEPONTEVEDRA
Saúdo
Luis López Diéguez
Prezada veciña ou veciño, amiga ou amigo,
Douche a benvida á web da Deputación de Pontevedra!
Un dos puntos fortes das novas tecnoloxías é a posibilidade de romper as distancias e achegármonos. E isto é, precisamente, o que pretendemos coa nosa páxina: estar preto de ti e que este sexa un espazo para coñecer o que a Deputación de Pontevedra fai para garantir o benestar da cidadanía da provincia, poñendo á súa disposición información actualizada sobre os servizos que ofrecemos e a xestión diaria da institución.
Mais esta web non é só unha páxina informativa, senón que ten por obxectivo prestar un axeitado servizo público e converterse nunha ferramenta dinámica, transparente e de utilidade para facilitar as relacións entre a cidadanía e a Administración. Para isto, tes á túa disposición a Sede electrónica, desde a que realizar xestións e trámites en liña, consultar diferentes procedementos, presentar facturas ou acceder ao perfil de contratación.
Ademais, este é un espazo de encontro. Somos unha administración transparente, moderna, dinámica, áxil, próxima, eficaz e aberta. Así, queremos que a nosa páxina sexa unha canle de participación que che permita compartir con nós ideas, opinións, suxestións, inquedanzas e proxectos para poder sumar, engrandecer, construír e impulsar, xuntas e xuntos, unha provincia de futuro.
Moitas grazas pola atención, quedamos á túa disposición.
Luis López Diéguez
Presidente da Deputación de Pontevedra