#XUVENTUDE
Premios Provinciais á Xuventude
Promover o talento e o potencial da mocidade da provincia
A Deputación de Pontevedra lanza unha nova edición dos Premios Provinciais á Xuventude para promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia. A institución repartirá 36.000 euros entre os mellores proxectos que compitan nun total de once categorías.
A Deputación de Pontevedra pon en marcha os Premios Provinciais á Xuventude a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico. O obxectivo destes galardóns é promover o talento da mocidade da provincia.
Estes premios anuais están dirixidos a persoas mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e o seu fin é recoñecer a calidade dos traballos realizados nun total de once categorías: iniciativa social, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballo musical, traballo literario breve, banda deseñada, fotografía orixinal, reacción polo clima, deseño e moda.
Na categoría de iniciativa social, educación en valores e reacción polo clima permítese especificamente a concorrencia de proxectos de centros educativos nos que participase alumnado de entre 12 e 18 anos.
Persoas galardoadas
- 2024 (BOPPO 18/12/2024)
- 2023 (BOPPO 13/12/2023)
- 2022
- 2021 (BOPPO 07/12/2021)
- 2020 (BOPPO 19/01/2021)
- 2020 corrección de erros
- 2019 (BOPPO 30/12/2019)
- 2018
- 2017