Luis López confirma que a Deputación vai investir máis de 1,3 millóns de euros para mellorar a mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena-Aldán, en Cangas do Morrazo
O proxecto, financiado ao 80% pola Deputación, contempla a creación dunha senda peonil e de zonas de convivencia entre peóns e tráfico rodado
04/04/2025
A Deputación de Pontevedra avanza na posta en marcha da mellora da mobilidade peonil na EP-1002 A Magdalena Aldán, en Cangas, coa aprobación do proxecto das obras. Trátase dunha actuación que, como explicou o presidente provincial, Luis López, ten un orzamento de 1,3 millóns de euros, dos que a Deputación aporta o 80% (algo máis dun millón de euros) e o Concello o 20% restante.
Grazas a este proxecto melloraranse as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos desta estrada mediante a construción dunha senda peonil, a implantación de zonas de convivencia onde non é posible acabar ese largo mínimo e a mellora de varios servizos afectados pola execución das obras.
"A nosa vontade é conseguir que a rede provincial, fundamental na vertebración do noso territorio, se atope nunha situación óptima e, con proxectos como estes en Cangas avanzamos para alcanzar o noso obxectivo", asegurou López.