Luis López participa no Museo de Pontevedra no acto de entrega de galardóns da sexta edición dos Premios HQR
23/12/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, participou este luns no acto de entrega de galardóns da sexta edición dos Premios HQR que entrega cada ano o Diario de Pontevedra que se celebrou no salón de actos do Museo de Pontevedra.
O mandatario provincial foi o encargado de entregar un dos premios que recoñecen o labor realizado en materia de deportes, un eido estratéxico para a Deputación, que apoia a clubs e deportistas, mellora as infraestruturas e promove a organización de eventos deportivos en toda a provincia.