Teixo de Hokkaido do pazo de Castrelos
- Especie: Cephalotaxus harringtonia (Siebold et Zucc.) Koidz.
- Familia: Taxaceae
- Altura: 8,30 m
- Perímetro do tronco (1,30): 1,00; 1,03; 0,80; 0,90 e 0,95 m
- Diámetro da copa: 11,85 m
- Idade estimada: 125-150 anos
- Concello: Vigo
- Parroquia: Santa María de Castrelos
- Lugar: pazo de Castrelos
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T522426;4673477
- Coordenadas Google: 42.213139264532515, -8.728303762216708
O teixo de Hokkaido é unha especie orixinaria do Xapón e China. O nome do xénero Cephalotaxus provén do grego kephale, cabeza, e taxus, teixo, pola súa semellanza coas especies dese xénero. Harringtonia foi dedicado no século XIX ao conde de Harrington (Inglaterra).
O exemplar do pazo de Castrelos mostra colosais dimensións para a súa especie que nos indican a súa importancia, pois é un dos de maiores dimensións de Galicia. O seu tronco, cun perímetro basal de 2,70 m, ramifícase antes de chegar a un metro de altura, onde crecen cinco grandes pólas que configuran unha copa de forma e dimensións espectaculares —con silueta de parasol, que lembran a un piñeiro manso— e que se proxecta sobre o chan nunha superficie aproximada de 110,23 m².
