Estripeiro de Goián
- Especie: Crataegus monogyna Jacq.
- Familia: Rosaceae
- Altura: 6,50 m
- Perímetro do tronco (1,30): 1,83 m
- Diámetro da copa: 4,40 m
- Idade estimada: 125-150 anos
- Concello: Tomiño
- Parroquia: San Cristovo de Goián
- Lugar: fortaleza de Goián
- Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T520499,4643098
- Coordenadas Google: 41.93958484633223, -8.752714066889064
Nunha das ramplas que baixan desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Goián podemos contemplar este espectacular estripeiro. O seu tronco, que crece inclinado cara ao noiro, mostra numerosas cavidades nas que se poden apreciar cogomelos. A dous metros de altura divídese en catro ramas de grandes dimensións, que, após sucesivas ramificacións, forman a ampla copa, de forma semiesférica. Durante os meses de primavera esta aparece completamente cuberta de pequenas flores de cor branca que fan aínda máis espectacular o que pode ser o exemplar galego de maior envergadura desta especie.

