Araucarias da illa de Norfolk do castelo de Soutomaior

Araucarias da illa de Norfolk do castelo de Soutomaior
  • Especie: Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco
  • Familia: Araucariaceae
  • Altura: 38,80 e 36,60 m
  • Perímetro do tronco (1,30): 4,20 e 3,90 m
  • Diámetro da copa: 9,40 e 8,90 m
  • Idade estimada: 150 anos
  • Concello: Soutomaior
  • Parroquia: San Salvador de Soutomaior
  • Lugar: castelo de Soutomaior
  • Coordenadas UTM (X; Y, ETRS89 Fuso 29): 29T535637;4686448
  • Coordenadas Google: 42.3294723996391, -8.56744472755658

Son dous exemplares de arquitectura impecable, co característico porte monopódico e coa típica ramificación horizontal verticilada que forma plataformas ou pisos.

O tronco permanece indiviso ata os catro metros de altura, onde se empeza a formar a súa maxestosa copa sempre verde. Ese tramo sen ramificación permite camiñar baixo a copa e contemplar a parte baixa do fuste, con numerosas cicatrices redondeadas que deixou a caída das pólas inferiores.

As copas teñen forma de cono truncado, xa que están coroadas e a parte superior é case plana, e acadan alturas superiores aos trinta e seis metros en ambos os casos.