
#Cultura
Poesía popular oral
21 de marzo 2025
Celebramos o Día da Poesía, 21 de marzo, coa poesía popular oral, a poesía do pobo.
Desde a Deputación de Pontevedra celebramos o Día da Poesía, o 21 de marzo, centrados este ano na poesía popular oral, a poesía do pobo.
Ligándoo co Día das Letras Galegas, este ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, a partir deste venres e durante unha semana, publicaremos cada día nas nosas redes sociais unha copla popular transmitida por persoas da provincia.
Unha semana de poesía popular oral para dedicarlle esta efeméride á poesía do pobo, popular e anónima, que se transmite de xeración en xeración e que queremos manter viva.