#CAMELIA

Camelias con nome de muller

A Deputación de Pontevedra rexistra novas variedades de camelia tras unha década de traballo na Finca Areeiro

A institución provincial réndelles unha nova homenaxe ás mulleres ilustres vinculadas á provincia de Pontevedra coa plantación no castelo de Soutomaior de novas variedades de camelia, unha flor que chegou de Oriente hai máis de tres séculos e que se adaptou perfectamente á climatoloxía das Rías Baixas.


O 11 de marzo de 2020 púxose en marcha este novo proxecto plantando o primeiro exemplar da camelia ‘Maria Vinyals', unha nova variedade rexistrada pola Sociedade Internacional da Camelia, cunha antigüidade de doce anos. Esta bonita variedade orixinouse na Estación Fitopatolóxica Areeiro a partir dunha semente de Camellia japonica ‘Berenice Boddy'.

Nas instalacións da Deputación consérvase unha planta de seguridade, e a outra da que se dispón é a que loce nos xardíns de Soutomaior. Xunto a este exemplar atópanse outras camelias con nome de muller coma ‘Bella Otero', ‘Rosalia de Castro' e ‘Jane Andersen', ás que se lle irán engadindo algunhas máis.

Cada exemplar leva un cartel indicativo coas súas características e un código QR con imaxes da flor para quen visite o xardín fóra da temporada de floración.

 

Camellia japonica ‘María Vinyals'

Camellia japonica ‘Dona Jane Andresen'

Camellia japonica ‘Bella Otero'

Camellia reticulata híbrida ‘Rosalía de Castro'

C. hibrida ‘Juana de Vega'

Camellia japonica híbrida ‘Sofia Novoa'

Camellia japonica ‘Jimena Fernandez de la Vega'

Camellia japonica ‘Emilia Pardo Bazan'

María Casares

Camellia japonica ‘María Casares’

María Casares

Camellia reticulata ‘Susana Rodríguez’

Eugenia de Montijo

Camellia japonica ‘Eugenia de Montijo’

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.