#IGUALDADE
Obra de teatro: As formas do amor
Ateneo pola igualdade
Venres 22 de novembro, ás 20:30 h, no auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas
Domingo 1 de decembro, ás 18 h, no edificio multiusos da Xunqueira de Redondela
Sinopse:
Ela e el foron parella.
Foi un deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.
Logo de tanto tempo separados, talvez sexa hoxe o día xusto para atoparse de novo por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.
Equipo artístico:
- Texto orixinal: María Ángeles Iglesias
- Dirección: Gena Baamonde
- En escena: Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias
- Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas
- Espazo sonoro e música orixinal: Tato López
- Servizo técnico: RTA
- Construción e escenografía: persoal do Centro Dramático Galego