Luisa Sánchez asiste ao oitavo concerto solidario “Por eles e por elas” en beneficio da fundación Stop Leucemia
07/02/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acompañada do deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este venres en Vigo á oitava edición do concerto solidario “Por eles e por elas” organizado pola mediadora de seguros Suevia en beneficio da fundación Stop Leucemia. A través desta acción búscase colaborar na mellora dos diagnósticos e os tratamentos de enfermidades hematolóxicas e oncolóxicas, ao tempo que se pon en valor o traballo levado a cabo polos investigadores galegos neste eido. O concerto, no que se puido escoitar a Guadi Galego, a Os Carunchos e a Ardentía e o Orfeón Mariñeiro do Berbés, celebrouse no Teatro Afundación de Vigo.