Luisa Sánchez asiste á presentación do novo espazo de atención ás familias situado no edificio La Gota de Leche
12/03/2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este martes en Vigo á presentación do novo espazo integral de atención ás familias que a Xunta de Galicia abrirá no edificio La Gota de Leche, situado na Rúa de Don Bosco da cidade. Un espazo que contará con trinta novas prazas públicas na Escola Infantil de San Paio e novas unidades de atención temperá e post temperá. No acto, no que se deron cita o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, tamén se deu conta do traslado do punto de encontro familiar.