A Deputación levará este domingo a máis de 90 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

Son veciños e veciñas de 19 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Hotel Talaso Louxo A Toxa, no Grove, e no Hotel Spa Norat Torre do Deza, en Lalín

01/02/2025

92 persoas de 19 concellos da provincia desfrutarán esta semana do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Hotel Talaso Louxo A Toxa, no Grove, e no Hotel Spa Norat Torre do Deza, en Lalín. En concreto, son persoas dos concellos da Estada, A Illa de Arousa, Agolada, Cangas, Covelo, Marín, Meaño, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

Ao detalle, ata 49 persoas da Estrada, A Illa de Arousa, Cangas, Covelo, Marín, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, O Rosal, Redondela, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa desfrutarán de +Benestar no Hotel Talaso Louxo A Toxa, no Grove, e outras 43 da Illa de Arousa, Agolada, Meaño, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa farán  o propio no Hotel Spa Norat Torre do Deza, en Lalín.

No marco do programa de termalismo +Benestar serán preto de 2.200 as persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia as que desfruten de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas, que son de réxime xeral, con 100 €, e outras 30, de réxime especial, están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.