A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram

05/05/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e manexo de Instagram.

As accións formativas inícianse este luns, 6 de maio, ás 10:30 horas, con "Ciberseguridade, ransomware e suplantación de identidade". O obxectivo deste taller consiste en dar a coñecer o Ransomeware, como  pode afectar aos negocios e como se debe abordar a suplantación de identidade. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O martes 7, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o taller "Instagram para principiantes II" a cargo de Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. No obradoiro daranse a coñecer as diferentes utilidades de Instagram para aplicar aos negocios.

Finalmente, o mércores 8 a partir das 10:30 horas, terá lugar o taller "Ciberseguridade, que son as cookies e como xestionalas" impartido por Manuel Freire. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia das cookies para a navegación por Internet.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.