Luisa Sánchez participa en Vigo na presentación do Gastro Movida Summit 2024

20/11/2024

presentación do Gastro Movida Summit 2024

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o 25 e o e o 27 de novembro a profesionais do sector gastronómico e que porá en valor o produto de proximidade que ofrecen o mar e a terra. “Unha cita -remarcou a vicepresidenta- que, en tan só tres anos, xa se converteu nun imprescindible do calendario de congresos vigués e que, estou segura, ten un gran futuro por diante”.

Na súa intervención, a vicepresidenta lembrou que a cidade ten “o mellor produto que existe e os chefs con máis talento, en definitiva, os ingredientes perfectos para que a cidade mostre o seu potencial e, ao mesmo tempo, se promocione como destino turístico”. Ademais, a vicepresidenta provincial remarcou que “Gastro Movida é a panca perfecta para difundir contidos de valor da industria da gastronomía” e por estes motivos amosou a vontade da Deputación “de acompañarvos neste camiño, para impulsar xuntos a nosa gastronomía, a nosa economía e dar a coñecer o noso potencial ao mundo enteiro”.

Galerias de imagenes