O vicepresidente Rafa Domínguez participa na presentación da campaña dos Premios Feroz

19/07/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no acto de presentación da campaña dos Premios Feroz que se celebrarán na capital da provincia nos anos 2025 e 2026. "Trátanse duns premios que recoñecen a excelencia e a calidade na produción cinematográfica e televisiva en España, que equivalen aos Globos de Ouro americanos en España e son tamén a antesala dos Goya" subliñou Domínguez quen destacou que a gala de entrega destes galardóns na cidade "será un estupendo escaparate de todo o que ofrece Pontevedra".

Galerias de imagenes