O vicepresidente Rafa Domínguez presenta o catálogo da exposición “Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas”

03/05/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra o catálogo da exposición “Juan Carlos Meana. O espazo entre as cosas” xunto co comisario da mostra, Alberto Ruiz de Samaniego, o fillo do artista, Telmo Meana, o deseñador do libro, Román Corbato, e a responsable de Publicacións do Museo, Ángela Comesaña. Domínguez subliñou o papel clave de Meana en canto “ao impulso, profesionalización e consolidación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra” e remarcou que “o seu papel como docente e decano deste centro universitario, formando coñecemento, son e serán sempre recordados por todos nós”.

O catálogo da mostra, que acolleu o Museo de Pontevedra entre agosto e outubro de 2023, inclúe unha ampla reportaxe gráfica, así como varios textos asinados por Alberto Ruíz de Samaniego, o comisario da exposición, Ignacio Castro e Luis del Álamo.