O vicepresidente da Deputación participa na presentación do “Dream Game” e o Torneo EncestaRías

10/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación da actividade de baloncesto que terá lugar ao longo dos próximos días na cidade de Pontevedra, na que se poderá desfrutar de citas como o “Dream Game” entre o Real Madrid e o AS Mónaco, así como o Torneo EncestaRías, que enfrontará na fin de semana no Pavillón Municipal ao “mellor cartel da súa historia”, coa participación de equipos como o Leyma Coruña, Río Breogán, Valencia Basket e o As Mónaco.

“Esta semana a cidade converterase na capital do baloncesto”, asegurou o vicepresidente provincial, que lembrou que Pontevedra acollerá “a cinco equipos da elite desde deporte, que veremos participar en competicións europeas ao longo da temporada”. Domínguez aproveitou para poñer en valor o traballo feito ao longo dos últimos 40 anos polo Club Baloncesto Arxil, que estivo representado na presentación polo seu director deportivo, Lino Vázquez, que aproveitou para presentar as próximas citas dun club que “é historia da cidade de Pontevedra”.

 

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.