O vicepresidente da Deputación asiste no Museo á estrea da nova serie documental sobre Frei Rosendo Salvado de Valentín Carrera

27/11/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á estrea da serie documental “Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia”, dirixida por Valentín Carrera para a Televisión de Galicia e que, en catro episodios de media hora, narra a biografía deste relixioso, nado en Tui en 1814.

Domínguez remarcou a importancia da figura do misioneiro, un defensor avanzado dos dereitos humanos e da igualdade e considerado o primeiro galego global da historia. Aproveitou, ademais, para lembrar o compromiso da Deputación co audiovisual, con programas como o Rías Baixas Acción, de patrocinios para producións audiovisuais, a marca Rías Baixas Film Fest, os premios Mulleres no Foco, a celebración dos Premios Mestre Mateo na provincia ou o proxecto de recuperación do Cine Fraga en Vigo.

 

Galerias de imagenes