O presidente da Deputación asiste ao Mundial de Loitas Olímpicas e destaca o potencial do deporte para espallar as experiencias 100% Rías Baixas

06/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu esta mañá ao Mundial de Loitas Olímpicas que acolle a capital da provincia ata este domingo, 8 de setembro, e no que están a participar 1.500 persoas de preto de 90 países de todo o planeta. Para o presidente eventos como este, con proxección mediática nacional e internacional, son transcendentais xa que “contribúen a espallar as experiencias 100% Rías Baixas e a trasladar todo o que esta provincia ofrece”.  E enxalzou as calidades das Rías Baixas para acoller eventos deportivos de calquera modalidade, destacando desde as infraestruturas, ata os equipamentos e a capacidade organizativa da provincia.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.