Luis López participa no minuto de silencio polas vítimas da DANA que asolou localidades da Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Aragón

30/10/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este mércores, diante da Casa Consistorial de Pontevedra, no minuto de silencio polas vítimas e persoas afectadas pola DANA que afectou á localidades da Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Aragón. Un acto do que tamén tomou parte o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, así como outros membros das corporacións provincial e local