A vicepresidenta, Luisa Sánchez, participa na presentación de “A Gran Bikedada: lembranzas dunha década”
15/03/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, presentou “A Gran Bikedada: lembranzas dunha década” no Centro Comercial Vialia. No acto, “nesta primeira semana na que me estreo como vicepresidenta provincial e deputada delegada da Área de Deportes”, a vicepresidenta felicitou A Gran Bikedada “por estes dez anos pedaleando nun escenario de beleza especial que, ano tras ano, atrae cada vez máis xente”. Tamén amosou “a miña disposición con todos vós, coas persoas que facedes que esta provincia sexa sinónimo de deporte” e aproveitou para remarcar a “aposta prioritaria” da Deputación con esta disciplina que “ten unha incidencia estreita na construción de sociedades máis activas e saudables e é un revulsivo turístico de primeira orde”.