Luisa Sánchez destaca o carácter solidario dos galegos e chama a bater un novo récord na “6h Vila do Corpus”

10/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto á alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro, presentaron este venres a V edición da carreira “6h Vila do Corpus”, a cita co deporte e a inclusión que se celebrará o próximo 13 de xullo.

Durante o acto celebrado na Praza Maior da localidade pontevedresa, a representante provincial destacou o carácter solidario dos galegos e chamou a bater un novo récord na recadación de fondos en beneficio da Asociación Síndrome de Down Vigo.

A quinta edición desta carreira nocturna desenvolverase en Ponteareas entre as 20:00 e as 02:00 horas, nun circuíto urbano dun quilómetro con perfil plano no que as persoas participantes deberán dar o maior número de voltas posible. Individualmente ou por equipos dende tres a seis membros e nas categorías masculina, feminina e mixta, as persoas que se inscriban contribuirán a recadar fondos para a Asociación Síndrome de Down Vigo, que traballa para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual, como das súas familias.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.