A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste ao partido entre As Celtas e o Victoria CF

07/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de asistir no Estadio de Balaídos ao partido entre As Celtas e o Victoria CF. Sánchez remarcou  que “tiñamos que estar hoxe aquí, no primeiro partido oficial do equipo feminino de Celta, un fito histórico para o club vigués e para esta cidade”. Tamén aproveitou a ocasión para amosar o “firme compromiso” do Goberno provincial co deporte feminino en todas as súas modalidades.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.