Luisa Sánchez asiste á presentación da Liga de Outono Cíes-Rande que se celebrará o 14 de setembro entre Baiona e Vigo

05/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves no porto de Santo Adrián de Cobres, en Vilaboa, á presentación da Liga de Outono Cíes-Rande organizada nesta ocasión polo Monte Real Club de Iates de Baiona. A proba terá lugar o próximo sábado 14 de setembro, cando os veleiros participantes terán que completar un percorrido costeiro desde Baiona ata Vigo.

Esta cita forma parte da Liga de Cruceiros Cíes-Rande impulsada, por primeira vez este ano, polos clubs de vela da ría de Vigo e co apoio da institución provincial. As probas deste primeiro circuíto comezaron o 13 de xaneiro e rematarán o 14 de decembro. Ademais do club de Baiona, anfitrión da proba do próximo sábado, están implicadas na liga o Real Club Náutico de Vigo, o Real Club Náutico Rodeira (Cangas do Morrazo), o Club Náutico San Adrián de Cobres (Vilaboa), o Club Social Moaña Mar e o Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo) coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, o Club Marítimo de Canido e a Asociación de Entidades Náuticas Ría de Vigo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.