Luis López participa coas nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe no escape room da programación de Nadal do castelo de Soutomaior

28/12/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves nunha das actividades da programación de Nadal do castelo de Soutomaior consistente nun xogo de escape room titulado “Asedio ao castelo” no que participaron tamén nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe.

O mandatario provincial percorreu ca cativada as diferentes estancias do castelo para resolver as adiviñas e superar o xogo. Ademais, aproveitou a actividade para falarlles ás persoas asistentes da historia desta fortaleza e das actividades de Nadal e do resto do ano que se realizan neste espazo do Concello de Soutomaior