Luis López sitúa a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga como “unha das citas de maior tradición do verán nas Rías Baixas”

O presidente provincial participou, xunto cos deputados Javier Tourís e Isabel Couselo, na edición número 34 desta cita gastronómica de Valga, declarada de interese turístico de Galicia

31/08/2024

Luis López na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de participar este sábado en Valga na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, “unha das citas de maior tradición do verán nas Rías Baixas” ao celebrar este ano a súa edición número 34. Xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Isabel Couselo, o mandatario provincial tivo a oportunidade de coñecer as diversas preparacións de anguía elaboradas pola veciñanza de Valga e o sobre o tradicional proceso de elaboración da augardente de caña do país.

Durante a súa visita a Valga, o presidente da Deputación de Pontevedra escoitou o pregón do festexo que, este ano, correu a cargo de Mª Esther  Ordóñez, presidenta do Consello Regulador Mel de Galicia e integrante da Academia de Ciencias Veterinarias. Ademais, tivo a oportunidade de facer entrega dos premios dos diferentes concursos desenvolvidos ao abeiro da festa.

Desde a Deputación de Pontevedra recoñécese a importancia de festas gastronómicas como a da anguía e a mostra de caña do país de Valga polo seu papel para poñer en valor a cociña tradicional. Tamén como factor de atracción de visitantes e de consolidación e enriquecemento da provincia de Pontevedra como unha referencia gastronómica de primeira orde.

Galerias de imagenes