O deputado provincial Javier Tourís reúnese con responsables da Asociación de Traídas de Auga do Rural COXAPO

03/06/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, acaba de reunirse con responsables da Asociación de Traídas de Auga do Rural COXAPO. Na xuntanza, o deputado provincial aproveitou para agradecer á entidade o traballo “ímprobo que desenvolve para mellorar a vida das persoas da provincia de Pontevedra” e amosou a vontade de seguir colaborando con COXAPO no marco do compromiso do Goberno provincial de “tender pontes co asociacionismo”.

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha este ano o Plan+Aqua, a través do cal está a distribuír un millón de euros, con ata 10.000 € por comunidade de usuarios de augas. Con estes recursos estas entidades poderán mellorar, reformar ou reparar as súas infraestruturas e instalacións de auga comunitaria; realizar actuacións de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética; mellorar os sistemas de tratamento; legalizar novas concesións ou renovar as existentes; así como mellorar as captacións e as infraestruturas de almacenamento de auga.