O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro a un grupo de alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán

09/05/2024

O deputado provincial de Acción Comunitario, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, recibiu nas instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro a un grupo de alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do CFEA de Lourizán. Na visita, Tourís puxo en valor o traballo que se está a desenvolver neste “centro de investigación punteiro da Deputación de Pontevedra que poñemos a disposición de todas as persoas que traballan nos sectores agrícola, forestal e natural da nosa provincia”. Deste xeito, o deputado provincial recordou que o persoal técnico de Areeiro traballa, entre outras cuestións, para recoñecer pragas e enfermidades dos cultivos e facilitar a execución de medidas para combater as doenzas que afectan ás especies vexetais.