Luis López anuncia un investimento de 250.000 euros para a mellora da mobilidade peonil na EP-5005 en Crecente
O Goberno provincial aprobou hoxe o convenio para realizar as obras que permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade coa creación dunha senda peonil
09/08/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe en conferencia de prensa a aprobación dun convenio co Concello de Cuntis a través do cal se destinarán preto de 250.000 euros para mellorar a mobilidade peonil na EP-5005. Deste orzamento, a Deputación financiará o 80%, é dicir, 200.000 euros, e o Concello o 20% restante, 50.000. "Estas obras permitirán mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para os peóns e vehículos", explicou López.
En concreto, o proxecto consiste na execución dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada. Ademais, reducirase a velocidade máxima de circulación, colocaranse pasos de peóns sobreelevados e renovarase a rede de pluviais, a canalización da rede de alumeado e colocaranse luminarias nos pasos de peóns entre outras actuacións.
"Seguimos así avanzando na transformación das estradas provinciais desta provincia para alongar a súa vida e garantir a seguridade", asegurou López.